SERVIZOS


VISITAS GUIADAS

Gratuítas para grupos e escolares.
Tempo aproximado da visita guiada: 50 minutos.
 

*As visitas deberán ser concertadas previamente chamando ao nº de teléfono (+34) 886 151 101 ou nos enderezos museo.masso@xunta.es / museo.masso@xunta.gal


RECEPCIÓN

As persoas visitantes dispoñen dun punto de atención onde son informadas sobre os contidos do museo, así como das indicacións axeitadas para realizar unha visita satisfactoria.
 
Dispoñemos de folletos de información xeral en galego, español e inglés.

 
FOTOGRAFÍA E GRAVACIÓN DE IMAXES

Non se poden facer fotos nas salas de exposición. 


*Se ten interese na imaxe dunha peza pode solicitala.


OUTRAS NORMAS DE ACCESO

Non está permitido:
o Fumar no interior do museo
o Entrar con alimentos e bebidas
o Entrar con bolsas grandes e paraugas
o A entrada de animais, a excepción de cans-guía


ACTIVIDADES
o  Exposicións temporais 
o  Conferencias e presentacións de libros 
o  Obradoiros para público infantil e familias 
o  Proxeccións de documentais relacionados co ámbito mariño


BIBLIOTECA
 
Está especializada en aspectos que teñen que ver coa historia da navegación e a explotación dos recursos do mar. Conta cun fondo aproximado de 4.000 monografías, ademáis doutras publicacións periódicas de temática mariñeira.

Así mesmo, a biblioteca conta cun magnífico fondo antigo, do que están expostos en sala algúns dos seus exemplares sobranceiros.

O catálogo está informatizado e pode consultarse na páxina web da Xunta de Galicia: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Está especializada en aspectos que tienen que ver con la historia de la navegación y la explotación de los recursos del mar. Cuenta con un fondo aproximado de 4.000 monografías, además de otras publicaciones periódicas de temática marina.
Asimismo, la biblioteca cuenta con un magnífico fondo antiguo, del que están expuestos en sala algunos de sus ejemplares más destacados.
El catálogo está informatizado y puede consultarse en la página web de la Xunta de Galicia: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/


PUBLICACIÓNS DO MUSEO


O museo dispón de libros á venda que poden ser consultados pinchando aquí.