EXPOSICIÓN PERMANENTE

A exposición permanente ofrece un percorrido pola conquista do mar e a explotación dos seus recursos


O percorrido se inicia pola sala situada na primeira planta, onde a  exposición articúlase en torno á idea da conquista do mar,  e está dedicada á navegación e a aquelas disciplinas que, como a astronomía, a xeografía e a construción naval, fixeron posible o seu desenvolvemento e o do comercio marítimo. O discurso completase con referencias ao papel desenvolvido neste ámbito polas expedicións marítimas e o corso.
Esta sala conserva a museografía orixinal dos anos 30 do século XX, constituíndo en si mesma unha peza de museo na que destaca a valiosa colección de libros antigos de temática marítima e naval, na que os incunables, libros impreso nos primeiros anos da imprenta (1453-1500), merecen especial atención
     


A planta baixa está dedicada á explotación dos recursos do mar. Partindo dunha pequena sección onde se expoñen  materiais arqueolóxicos procedentes da factoría de salga e o obradoiro de ánforas de época romana (século II-IV) do xacemento romano de Pescadoira, o discurso centrase na  actividade industrial da familia Massó: as fábricas de  salga e de conservas  e a caza dá balea, mostrando unha colección única en España.     
              
  

Dentro desta mesma temática, pódese visitar a gran sala na que se expoñen, tres das embarcacións tradicionais mais representativas da ría de Pontevedra, a dorna, o bote polbeiro e  o gran pecio da última lancha xeiteira.
En breve abrirase ao público o espazo no que se recuperaron recentemente 18 píos dunha antiga salgadura de principios do século XIX.  que foi adquirida polos Massó en 1900 para dedicala a almacén de anchoa