29 de julio de 2016

XX ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE BUEU




27 de julio de 2016

Charla no Museo Massó
Venres 29 de xullo as 21:00 horas
Feitura e xéneros dos traxes de faena tradicionais. 
O traxe mariñeiro
Impartida por Andrea Menéndez
Charla sobre tecidos tradicionais
e os seus usos no traballo vencellados ao mar.

23 de julio de 2016

Obradoiros de verán
no Museo Massó
xoves 4 de agosto
12.00 h.




A caza da balea
Para nen@s de 6 a 9 anos

Xogo de pistas e obxectos agochados no museo
co obxectivo principal de achegar aos participantes
os contidos da exposición
De Punta Balea a Cabo Morás.
A caza moderna da balea en Galicia
Inscrición gratuíta
986 321 838
museo.masso@xunta.gal

22 de julio de 2016

OBRADOIRO DE TELE-ARQUELOXÍA


18 de julio de 2016


Obradoiros de verán 
no Museo Massó
sábado 23 de xullo
12.00 horas


Atrapad@s na rede
Obradoiro práctico para coñecer as técnicas de
confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.
 Impartido pola redeira Consuelo Martínez

Para persoas maiores de 8 anos
e menores acompañados
Inscrición gratuíta
986 321 838
museo.masso@xunta.gal




14 de julio de 2016

Singraduras didácticas pola Ría
no pesqueiro Chasula 


As rutas realizásense no barco pesqueiro de madeira denominado  Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola-Taller  de carpintaría de Ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó

Horarios
Mércores 20 de xullo
Pola mañá ás  10.00 e ás 12.00 h 
Pola tarde ás 16.00 h.


Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe

Inscrición
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono: 
986 321 838
Importante
Para que a inscrición se faga efectiva,
 24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible 
para as persoas inscritas na lista de espera.

Obradoiros de verán
no Museo Massó
 21 de xullo ás 12:00 h



ATANDO CABOS. NÓS MARIÑEIROS
Obradoiro práctico de aprendizaxe
de cinco nós mariñeiros

 Dirixido a persoas maiores de 7 anos
e menores acompañados
  Inscrición gratuíta
Telf: 986 321 838
museo.masso@xunta.gal

11 de julio de 2016

OBRADOIROS DE VERÁN 
NO MUSEO MASSÓ

XOVES 14 DE XULLO
12.00 h.
Para nen@s de 3 a 5 anos

      

B de balea
A partir de xogos nos que se constrúen palabras e imaxes, 
os participantes irán descubrindo as características 
das diferentes especies de cetáceos 
e a razón pola que se cazaban antigamente,
 así como os motivos polos que se abandonou
esta práctica en moitos países.

Inscrición gratuíta
986 321 838
museo.masso@xunta.gal


8 de julio de 2016

EXPOSICIÓN TEMPORAL






A nova exposición temporal poderase visitar entre o 11 de maio ao 25 de xullo

En 2016 cúmprense 200 anos do establecemento 
do primeiro membro da familia Massó en Bueu 
para crear unha compañía de salgaduras 
ao “estilo catalán”. 
Salvador Massó Palau e o edificio principal do museo 
serán o punto de partida 
da histórica saga formada 
por catro xeracións de industriais que se situarán 
á cabeza das empresas dedicadas a conserva de peixe.


CONFERENCIA




VENRES 8 DE XULLO ÁS 21.00 HORAS

CONFERENCIA



O valor dunha balea.
O éxito da actividade baleeira
foi a causa do seu final


Impartida por Álex Aguilar comisario científico 
da exposición temporal 
De Punta Balea a Cabo Morás. 
A caza moderna da balea en Galicia 
e catedrático de Bioloxía na Universidade de Barcelona