31 de julio de 2015

Observación nocturna do ceo

Museo Massó
CHARLA E OBSERVACIÓN NOCTURNA DO CEO
Venres 7 de agosto
En colaboración coa Asociación Astrovigo

ás 21:30 h.
CHARLA
 A navegación por medio das estrelas.
A medición do tempo  no mar
A historia e os avances na navegación desde os tempos antigos.
Impartida por  César M. González Crespán,
membro da Asociación Astrovigo

Ao finalizar a charla na Praza Massó
ás  23:00 h.
OBSERVACIÓN NOCTURNA DO CEO CON TELESCOPIO
Se a metereoloxía o permite, poderemos observar 
o planeta Saturno, a estrela dobre Albireo, 
unha estrela vermella en Cefeo,o cúmulo aberto M11 no Escudo
 cúmulos globulares en Hércules (M13)e Escorpio (M4),  
as nebulosas M27 (Mancuerna) en Sagita e
 M17 (Omega) en Sagitario, 
e a galaxia M51 (Remolino) en Canes Venaticci.

Obradoiro de verán
Xoves, 6 de agosto ás 12:00 h
A Balea
Dirixido a nen@s de 6 a 12 anos

Organizado con motivo da mostra temporal
De Punta Balea a Cabo Morás: a caza moderna da balea en Galicia
Logo de visitar a exposición temporal
os nen@s realizarán unha actividade lúdica de aprendizaxe
e  dous murais coa técnica do colaxe.
Un deles dedicado á caza da balea e outro ás razóns da súa prohibición.
Inscrición gratuíta
Telf. 986 321838
museo.masso@xunta.es

30 de julio de 2015

SINGRADURAS DIDÁCTICAS
POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO

 sábado 8 de agosto ás 17:00 h

As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.
Saída dende o Museo Massó

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Inscrición e información
A inscrición é gratuíta por estricto orden de reserva 
e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838

Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

29 de julio de 2015

SINGRADURAS DIDÁCTICAS
POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO

 sábado 1 de agosto ás 17:00 h

24 de julio de 2015

Obradoiros de verán no
Museo Massó
 O xoves 30 de xullo ás 12.00 h.
 Para nen@s de 5 a 14 anos

 O QUE O MAR NON QUERE
O que ti non queiras non o tires ó mar
 Trae cousas atopadas na praia que o mar devolveu
 e as reciclaremos como monstro mariño.
 Inscrición gratuíta:
Teléfono 986321838
LogoMassóColormuseo.masso@xunta.es

21 de julio de 2015

EXPOSICIÓN TEMPORAL

De Punta Balea a Cabo Morás
A caza moderna da balea en Galicia

A partir do xoves 23 de xullo

13 de julio de 2015

SINGRADURAS DIDÁCTICAS
POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO

 sábado 18 de xullo ás 17:00 h

As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .

Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Inscrición e información
A inscrición é gratuíta por estricto orden de reserva 
e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838

Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que  a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

10 de julio de 2015

Obradoiros de verán no Museo Massó 
16 de xullo  ás 12:00 h

Cousas da praia

Mediante o xogo e a música os cativos irán descubrindo cousas como: 
de que está formada a area da praia,  porque sobe e baixa o mar, 
que tipo de plantas viven nas dunas, etc. 
O obxectivo fundamental é que os máis pequenos
 teñan unha visión diferente da praia
 aprendendo a respectala como un espazo común 
onde tamén viven plantas e animais.

Dirixido a nen@s de 3 a 6 anos
Duración: 1 h aprox.

Inscrición gratuita e información
Telf: 986 321 838
museo.masso@xunta.es
Museo Massó
Rúa Montero Ríos s/n. 
Bueu (Pontevedra)

9 de julio de 2015

Presentación do Libro ECOS DO GRANDE NORTE