12 de junio de 2015

PRESENTACIÓN LIBRO


O venres, 19 de xuño 
ás 20:30 h
PRESENTACIÓN DO LIBRO


A obra supón unha actualización do catálogo de xacementos arqueolóxicos mariños situados dende a fronteira portuguesa ata Ribadeo e comprende o período que vai dende a Antigüidade ata, aproximadamente, o ano 1820. No libro recórdanse feitos xa esquecidos como o naufraxio de naos, galeóns ou navíos debido a borrascas, combates, accidentes ou afundimentos provocados pola súa propia tripulación.

9 de junio de 2015

ALFOMBRA FLORAL



O Museo Massó  
participou na tradicional
festividade das alfombras florais de Bueu

  
O pasado domingo 7 de xuño o Museo Massó participou, como ven sendo habitual,  
na xornada das alfombras florais do Corpus de Bueu que conta cunha tradición
 de mais de 300 anos.
No tapiz floral do Museo Massó, realizado na rúa diante a fachada do Museo,
representouse un deseño gráfico realizado polo artista Nacho Sexto no ano 1984
para ilustrar unha das portadas da revista Industrias Pesqueras  que conserva o Museo na súa biblioteca