30 de septiembre de 2013

Obradoiros no Museo


OBRADOIROS NO MUSEO
2013-2014
No Museo Massó continuamos co programa de obradoiros para grupos de nen@s.
As datas adaptaranse a dispoñibilidade dos solicitantes.


Para nen@s de 3 a 5 anos
 “ Mar á vista “
Xogo de recoñecemento de obxectos representados nunha das pinturas de Urbano Lugrís.
Os nenos deberán ir descubrindo cal é o obxecto presentado e cal é a súa representación na pintura.
Sentir o museo
Este obradoiro pretende ser unha viaxe sensorial para experimentar o museo a través do oído,
do tacto, do olfacto, do gusto e da vista.

Para nen@s de 6 a 9 anos
En busca do tesouro
A partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes terán que encontrar as diferentes
partes dun quebracabezas, coma si dun tesouro se tratara.

Para nen@s de 6 a 12 anos
A Balea
 A partir dunha introdución sobre as características principais das baleas e as diferentes ameazas ás que se ven sometidas, os participantes realizarán dous pequenos murais mediante a técnica do collage. Unha das imaxes estará baseada na caza das baleas e a outra representará a importancia de conservar a especie como parte dun ecosistema

Para nen@s de 6 a 14 anos
O que o mar non quere 
O mar converteuse nun gran vertedoiro de lixo onde se mesturan toda clase de residuos. Neste obradoiro os participantes traerán algún destes obxectos encontrados na praia para falar sobre os problemas que están a causar no ecosistema e as posibles solucións.

Para nen@s de mais de 9 anos
Seguir o rumbo. A agulla de marear
Este obradoiro ten como obxectivo facer comprender as propiedades magnéticas da Terra e familiarizar aos escolares co manexo deste instrumento e a súa utilidade na navegación.
 O mapa do mariñeiro. A carta náutica
Os alumnos poderán familiarizarse coa interpretación e manexo das cartas náuticas, aprender a utilizar as unidades de medidas náuticas e as escalas e situar os puntos de referencia da costa e os faros de Bueu no mapa.

 Para nen@s de mais de 12 anos
Ex-libris
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros dos/as participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. Os participantes visitarán a exposición temporal dedicada a
Antonio Massó para coñecer os ex libris que deseñou para a biblioteca do Museo.

Para toda a familia
Atando Cabos. Nós mariñeiros
Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicacióne montarase un pequeno cadro de nós.

Os obradoiros durarán entre unha hora e hora e media.
A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10:00 y las 20:00 h. de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.

24 de septiembre de 2013

Conferencia a Industrialización en Bueu


CICLO DE CONFERENCIAS DIVULGATIVAS
Travesía por tres momentos da historia de Bueu
En colaboración coa Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta
Venres, 27 de setembro ás 20:30 horas


 A Industrialización en Bueu
A salga e a pesca da sardiña nos séculos XVIII e XIX

A conferencia será impartida por Arturo Sánchez Cidrás e Xosé Manuel Cerviño Meira, autores do libro A Industria da pesca salgada.
A continuación realizarase unha visita guiada polos restos, recentemente recuperados, dunha fábrica de salga dentro das instalaciones do Museo Massó

17 de septiembre de 2013

Conferencia A cristianización do Morrazo


CICLO DE CONFERENCIAS DIVULGATIVAS
Travesía por tres momentos da historia de Bueu
En colaboración coa Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta
 
Venres, 20 de setembro ás 20:30 horas


A Cristianización do Morrazo
  A importancia do antigo Mosteiro de Ermelo
 
A conferencia será impartida por Pablo S.Otero Piñeyro Maseda (Instituto de Estudios Galegos “Padre Sarmiento”) e Miguel Romaní Martínez (Universidad de Santiago de Compostela). Falarán da relevancia deste mosteiro medieval do século X no poboamento e cristianización da península do Morrazo.

9 de septiembre de 2013

 CICLO DE CHARLAS
Tres momentos da historia de Bueu
Os días 13, 20 e 27 de setembro


Venres, 13 de setembro ás 20:30 h.
O Bueu Romano
O forno de ánforas e a salga romana de Pescadoira
O Museo Massó en colaboración coa Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta
organiza un ciclo de charlas sobre a historia de Bueu.
Nesta primeira charla o arqueólogo Fructuoso Díaz,
responsable das escavacións no xacemento romano de Pescadoira,
expoñerá a relevancia dos achados e as conclusións da memoria de escavación
na que se localizou unha factoría romana de salga e un forno de ánforas.