16 de agosto de 2013

Obradoiro O que o mar non quere


Obradoiros no Museo

Xoves 22 de agosto ás 12:00 h
Para nen@s de 5 a 14 anos




O QUE O MAR NON QUERE

O que ti non queiras non o tires ó mar. Trae cousas atopadas na praia que o mar devolveu e as reciclaremos como monstro mariño.

Previa inscrición:
Teléfono 986321838 (luns a venres de 10- 20 h)

Singraduras no galeón




Singraduras didácticas pola Ría 
no galeón Ave de Paso

 

As singraduras terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó
Horario
Domingo 25 de agosto ás  17.000 h.

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Peinscrición
IMPORTANTE: A reserva deberá realizarse directamente no Museo Massó o chamando ao telefono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h..
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia para que a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

12 de agosto de 2013


OBRADOIROS NO MUSEO MASSÓ

 Xoves 15 de agosto ás 11.00 h.

 Sentir o Museo
Este obradoiro pretende ser unha viaxe sensorial para experimentar o museo a través do oído, do tacto, do olfacto, do gusto e da vista. @s nen@s descubrirán os obxectos do museo e a súa historia para logo escoitar, tocar, cheirar e saborear cos ollos pechados e identificar o que viron ao longo da visita.
Dirixido  a nen@s de 3 a 16  anos




Venres, 16 de agosro ás 11.00 h.

 A Balea

¿ Gústanche as baleas?
ven ó museo para coñecelas mellor e  facer colaxes inspirados nelas

Dirixido  a nen@s de 6 a 12  anos

Inscrición previa no telf: 986 321 838

6 de agosto de 2013

Obradoiros no Museo

Xoves 8 de agosto ás 12:00 h
Para nen@s de 5 a 14 anos



O QUE O MAR NON QUERE

O que ti non queiras non o tires ó mar. Trae cousas atopadas na praia que o mar devolveu e as reciclaremos como monstro mariño.

Previa inscrición:
Teléfono 986321838 (luns a venres de 10- 20 h)


2 de agosto de 2013

Noites de verán no Museo


Os días 3, 7 , 10 , 16  e 17 de agosto
o Museo Massó permenecerá aberto
ata as 24h.

1 de agosto de 2013

Singraduras didácticas pola Ría 
no galeón Ave de Paso

 
As rutas realizásense no galeón Ave de Pasoconstruído no ano 1959.  Inicialmente dedicábase á pesca e nos últimos anos de actividade actuou como embarcación auxiliar nas bateas. Na actualidade é propiedade de Fidel Simes, quen o transformou en veleiro dotándoo de aparello tipo galeón: foque, trinqueta e vela cangreja.
O galeón era a embarcación que durante o século XIX e parte do XX realizaba o transporte de mercadorías e pasaxeiros na zona das Rías Baixas.

As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó

Horarios

Sábado 3 de agosto ás  17.000 h.

Sábado 10 de agosto ás 17.00 h.

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Peinscrición
IMPORTANTE: A reserva deberá realizarse directamente no Museo Massó o chamando ao telefono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h..

24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistenciapara que  a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.