18 de diciembre de 2012


Obradoiros no  Museo      
O xoves 27 e o venres 28 de decembro ás 11.30 h.

Menudos guías
Obradoiro práctico de aprendizaxe que pretende  formar de xeito entretido a nen@s para que poidan exercer como guías do Museo Massó cando o visiten pola súa conta en compañía dos seus familiares e amigos.
Se desenvolverá en dúas sesións en días consecutivos e ao finalizar entregarase a cada participante  unha acreditación como guía do Museo Massó.
Na primeira visita que realicen para facer as prácticas se entregará unha publicación do Museo.

Previa inscrición
Telf: 986 321 838
museo.masso@xunta.es
Dirixidos  a nen@s de 8 a 13 anos
1 hora e media de duración aprox.