11 de octubre de 2012





 O Caneliña deixa o Porto de Bueu

            O pesqueiro Caneliña, doado á Xunta de Galicia para formar parte da colección do Museo Massó, acaba de deixar o porto de Bueu para ser restaurado no Centro de Formación Aixola de Marín, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Caneliña foi construído na carpintería de ribeira de Arturo Omil, que seguía a mesma liña dos estaleiros tradicionais como o de Purro en Bueu. Dedicouse a pesca co boliche, betas e miños,  e co rastro foi á  vieira, ostra e zamburiña. Pertence á tipoloxía de popa redonda, os primeiros barcos de motor que utilizaron os habitantes da Illa de Ons, substituíndo á tradicional dorna . E semellante ao “Primero de Ons”,   un barco mítico na memoria colectiva dos insulares.
A diferencia do Caneliña, a maior parte destes barcos sufriron modificacións cando comezaron a dedicarse á pesca de arrastre, xa que a popa redonda non era operativa polo   que transformábase nunha popa recta, denominada de espello, que é hoxe a máis habitual nos barcos de pesca de baixura.


4 de octubre de 2012


Sábado 20 de outubro ás 20.00 h

Visita-conferencia



Urbano Lugrís no Museo Massó e viceversa
Percorrido monográfico pola obra que o pintor Urbano Lugrís realizou  por encargo da familia Massó e a pegada que deixou a colección do entón Museo Mariñeiro na configuración da iconografía e o universo pictórico de Lugrís.

A visita conferencia será conducida por
Covadonga López de Prado Nistal

Aforo limitado