16 de mayo de 2012


  Blas de Lezo, un mariño de lenda

 O mércores 23 de maio,  as 20.00 h. conferencia no Museo

Conferencia de Miguel Aragón Fontenla sobre o lendario xeneral da armada española no século XVIII-
 No Museo Massó se conserva un dos diarios de navegación da expedición comandada por  Blas de Lezo para reconquistar a cidade de Orán no ano 1733. Durante a conferencia se fará un percorrido pola  peculiar biografía dun mariño de lenda que combateu aos corsos e participou en numerosas batallas navais, nas que foise deixando primeiro unha perna, logo o ollo esquerdo e finalmente, a mobilidade dun brazo.

 Miguel Aragón Fontenla é coronel de Infantería de Mariña, e actualmente e xefe da Sección de Patrimonio Naval Sumergido no Instituto de Historia y Cultura Naval de Madrid. E mergullador de combate e participou nas tres primeiras Campañas Científicas Españolas na Antártida.
Como investigador de naufraxios traballou sobre o afundimento do histórico navío San Telmo, construído no arsenal de Ferrol en 1788 do cal o Museo Massó expón a reprodución do seu mascarón de proa.
Recentemente participou nas xornadas organizadas en honor de Blas de Lezo en Cartagena de Indias.

2 de mayo de 2012


taller interpretativo no museo
Blas de Lezo descobre os segredos da navegación no Museo Massó
            Con motivo da celebración o día 18 de maio do Día Internacional dos Museos, o Museo Massó vai levar a cabo un obradoiro interpretativo dirixido a todo tipo de público. Os asistentes participarán nunha actividade lúdica de aprendizaxe que pretende fomentar o disfrute da colección por medio dos sentidos.
 Guiados polo histórico mariño da armada do rei Felipe V, Blas de Lezo,  poderán descubrir os grandes misterios da navegación e coñecer un dos diarios de a bordo pertencente á travesía que realizou para reconquistar a cidade de Oran e combater os corsos no Mediterráneo no ano 1733 .
As catro sesións do obradoiro terán lugar os días:
Sábado 19 de maio
Primeira sesión as 11.00 h.
Segunda sesión ás 12.15 h.
Sábado 26 de maio
Primeira sesión as 11.00 h.
Segunda sesión ás 12.15 h.

Cada sesión  terá unha duración de 60 minutos e o límite máximo de afluencia  e de  20 persoas.
A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838,  onde serán atendidos entre as 10.00 e as 14.30 h. e entre as 16.00 e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e telefono de contacto.