O día 28 de agosto
Rutas didácticas en barco

Con motivo dos XIV Encontros de Embarcacións tradicionais de Bueu o Museo Massó organiza tres rutas en barco.

As rutas realizáranse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

Así mesmo, dende o barco farase un seguimento da navegación da regata-exhibición das embarcacións tradicionais que participan no encontro.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola de carpintaría de Ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó

Horarios
Sábado 28 de agosto:

Pola mañá de 10.00-12.00 h e de 12,30-14,30 h.
Pola tarde de 16,00 h. -18.30 h.

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe

Inscrición
A inscrición deberá realizarse chamando aos teléfonos: 986 321 838 e 986 32 42 04, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e teléfono de contacto.



O día 28 de agosto
Rutas didácticas en barco

Con motivo de los XIV Encontros de Embarcacións tradicionais de Bueu el Museo Massó organiza tres rutas en barco.

Las rutas se realizarán en el barco pesquero de madeira denominado Chasula y tendrán un carácter didáctico con el objeto de ofrecer al visitante del museo una experiencia real que le permita tomar contacto directo con el medio en el que se desenvuelve la actividad pesquera, conocer de cerca el sistema de explotación de las bateas, la pesca del pulpo, el reconocimiento de las señalizaciones marítimas y del ámbito costero, y muy especialmente navegar en una embarcación que es un exponente de la carpintería de ribeira tradicional.

Así mismo, desde el barco se hará un seguimiento de la navegación y de la regata-exhibición de las embarcaciones tradicionales que participan en el encuentro.

El Chasula es un barco pesquero de 14 metros construído en el astillero de Freixo en 1958 que pescaba con el arte del cerco, y navegó durante varias temporadas por las costas del Cantábrico en busca del atún y bonito del norte. Su actual dueño y patrón, Isidro Mariño Cadarso, primer director de la Escuela de carpintería de Ribeira de Marín, lo adquirió en 2003 y lo restauró con sus propias manos para convertirlo en un exponente del patrimonio marítimo gallego. Desde 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para más información sobre su actividad ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Salida desde el Museo Massó

Horarios
Sábado 28 de agosto:

Por la mañana de 10.00-12.00 h y de 12,30-14,30 h.
Por la tarde de 16,00 h. -18.00 h.

Condiciones
Cada menor tiene que ir acompañado de un adulto
Se aconseja llevar calzado apropiado
Las salidas pueden ser modificadas dependiendo de la metereología
Máximo de 12 pasajeros por viaje

Inscripción
La inscripción deberá realizarse llamando a los teléfonos: 986 321 838 y 986 32 42 04, donde serán atendidos entre las 10.00 y las 20.00 h. de lunes a viernes, o bien a través del correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nombre y teléfono de contacto.

Comentarios