23 de julio de 2009

ATANDO REDES


Os sábados 1, 8 y 15 de agosto, entre as 11,30 e as 13,30, no museo Massó desenvolverase unha mostra práctica de elaboración de redes na que Chelo Martínez Bernárdez, redeira profesional de Bueu (con case trinta anos de traballo) se dedicará a atar e rematar o pano dunha rede de cerco (a escala) con todos os elementos característicos: calzas, cortizas, calóns, etc. Ademais de poder ver todos os obxectos que compoñen este aparello e observar como se cose e elabora unha rede, os visitantes do museo poderán coñecer as interioridades dun oficio tradicional de grande importancia, aínda que un tanto descoñecido e non suficientemente valorado, pero que pervive nos nosos días. As redeiras, tamén chamadas atadoras, dedícanse a un oficio estreitamente ligado ao xénero feminino. Na actualidade hai en Galicia ao redor de setecentas mulleres que se dedican a el e contan con doce asociacións que as agrupan.

.....................................................................


Los sábados 1, 8 y 15 de agosto, entre las 11,30 y las 13,30, en el museo Massó se desarrollará una muestra práctica de elaboración de redes en la que Chelo Martínez Bernárdez, redera profesional de Bueu (con casi treinta años de trabajo) se dedicará a atar y rematar el paño de una red de cerco (a escala) con todos los elementos característicos: calzas, corchos, calóns, etc.
Además de poder ver todos los objetos que componen este aparejo y observar como se cose y elabora una red, los visitantes del museo podrán conocer los entresijos de un oficio tradicional de gran importancia, aunque un tanto desconocido y no suficientemente valorado, pero que pervive en nuestros días.
Las redeiras, también llamadas atadoras, se dedican a un oficio estrechamente ligado al género femenino. En la actualidad hay en Galicia alrededor de setecientas mujeres que se dedican a él y cuentan con doce asociaciones que las agrupan.

13 de julio de 2009

UN RELEVO DE XOAN PIÑEIRO NO MUSEO MASSÓ



Sen título
Xoán Piñeiro
ca . 1950-1964
Granito
56 x 68 x 14 cm.
Inv. 2171


Este relevo que nos ocupa é case con seguridade anterior a 1964, data na que o seu quefacer cambia definitivamente derivando cara a un estilo propio, depurado no que a valoración do oco, a rotundidade de volumes e as formas elementais se converterán nos seus sinais de identidade.
A escena móstranos a dous mariñeiros que cargan sobre os seus ombros unha caixa chea de peixes, ambos os dous de perfil e andando, pero contrapoñendo o movemento das pernas para evitar a monotonía. Entre os dous homes e xusto debaixo da caixa temos un neno de costas que recolle os peixes que desbordan e caen da caixa, este neno rompe a rixidez da escena dándolle graza e dinamismo á acción.
Esta placa relivaria destaca polo sentido clásico da composición, a xeito de friso, pola sinxeleza e elementalidade das formas. Parte dun debuxo moi sinxelo pero de gran beleza. Na década dos trinta do século pasado, o debuxante Federico Ribas realizara un debuxo moi similar para a portada da revista Industria Conservera (foto neste artigo).
O tratamento técnico da pedra crea un claro contraste entre as figuras (onde o modelado é liso, pulindo) e o fondo rugoso, mais rudo.

Xoán Piñeiro (Nerga/Hío Pontevedra 1920 - Vigo 1980) é sen dúbida un dos grandes escultores galegos da metade do século XX. A súa obra está repartida por diferentes museos e institucións, contando tamén con numerosos monumentos públicos en cidades como Vigo.
Dende as súas primeiras obras como escultor demostra un gran virtuosismo no traballo do granito e do mármore, materiais cos que traballou durante toda a súa vida. A partir dos anos cincuenta e ata mediados da década dos sesenta do século pasado -durante a súa estanza en Madrid- a súa temática centrouse no mundo do mar e así o recordo do Atlántico, dos mariñeiros, da península do Morrazo, latexa nas súas obras dese período, sen esquecer tampouco que el traballara como mariñeiro no seu anos de xuventude.
-----------------------------------------------------
Este relieve que nos ocupa es casi con seguridad anterior a 1964, fecha en la que su quehacer cambia definitivamente derivando hacia un estilo propio, depurado en el que la valoración del hueco, la rotundidad de volúmenes y la elementalidad de las formas se convertirán en sus señas de identidad.
La escena nos muestra a dos marineros que cargan sobre sus hombros una caja llena de peces, ambos de perfil y andando, pero contraponiendo el movimiento de las piernas para evitar la monotonía. Entre los dos hombres y justo debajo de la caja tenemos a un niño de espaldas que recoge los peces que desbordan y caen de la caja, este niño rompe la rigidez de la escena dandole gracia y dinamismo a la acción.
Esta placa relivaria destaca por el sentido clásico de la composición, a modo de friso, por la sencillez y las formas elementales. Parte de un dibujo muy sencillo pero de gran belleza. En la década de los treinta del siglo pasado, el dibujante Federico Ribas había realizado un dibujo muy similar para la portada de la revista Industria Conservera (foto en este artículo).
El tratamiento técnico de la piedra crea un claro contraste entre las figuras (donde el modelado es liso, pulimentando) y el fondo rugoso, mas tosco.

Xoán Piñeiro (Nerga/Hío Pontevedra 1920 – Vigo 1980) es sin duda uno de los grandes escultores gallegos de la mitad del siglo XX. Su obra está repartida por diferentes museos e instituciones, contando también con numerosos monumentos públicos en ciudades como Vigo.
Desde sus primeras obras como escultor demuestra un gran virtuosismo en el trabajo del granito y del mármol, materiales con los que trabajó durante toda su vida. A partir de los años cincuenta y hasta mediados de la década de los sesenta del siglo pasado -durante su estancia en Madrid- su temática se centró en el mundo del mar y así el recuerdo del Atlántico, de los marineros, de la península del Morrazo, late en sus obras de ese período, sin olvidar tampoco que él había trabajado como marinero en su años de juventud.